Itinerario do trazo Debuxo e ilustración de Luis Seoane

/
Comisarios Valeriano Bozal

Tras comisariar para o Centro Galego de Arte Contemporánea unha grande exposición antolóxica sobre a obra plástica de Luis Seoane, o catedrático Valeriano Bozal aborda agora un estudo sobre o debuxo e a ilustración do artista galego nunha mostra coproducida pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e a Fundación Luis Seoane, realizada en colaboración coa Fundación Caixa Galicia, coa que a institución celebra o décimo aniversario da súa creación. Luis Seoane plasmou a través do debuxo a crítica social, a alegoría e a ironía, e a súa práctica serviulle para ampliar a súa obra e aplicar os seus achados neste soporte ao outros campos, como a pintura, a edición ou o deseño gráfico. Para a presente exposición levouse a cabo unha coidada selección a partir de preto de setecentas obras catalogadas, sendo a obra sobre papel a máis numerosa dentro da produción do artista e unha constante ao longo de toda a súa vida. A investigación realizada durante esta mostra, coa que comezan os actos conmemorativos do décimo aniversario da entidade, servirá asi mesmo para a elaboración do catálogo razoado da obra de Seoane, proxecto fundamental dentro do traballo da Fundación.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición