Tono Mejuto. Memorias do ceo FFoco Festival de Fotografía da Coruña

/

Memorias do ceo é un proxecto do fotógrafo e arquitecto Tono Mejuto que recupera o arquivo de fotografías aéreas tomadas pola empresa Crazzyfly sobre territorio galego durante a década dos 80. Nas imaxes desta exposición, extraídas dos negativos en cor orixinais, aparecen vivendas e locais comerciais, paisaxes a gran escala e estruturas como polígonos ou portos. Son fotografías realizadas nun contexto previo á aparición do formato dixital ou da utilización de drons para facer tomas aéreas, un tempo no que os voos sobre a Galicia rural eran algo excepcional e o feito de ser retratados desde o aire un acontecemento social.

O equipo que realizaba as fotografías para ofrecelas máis tarde porta a porta era consciente disto, polo que os voos se facían ao mediodía cun dobre obxectivo: evitar na medida do posible a aparición de sombras nas imaxes e que se atopasen na casa o maior número de membros da familia, o que explica que en moitas das imaxes as persoas estean mirando directamente á cámara. Esta modalidade de negocio fíxose popular en distintas partes do territorio español, pero moi especialmente en Galicia, onde o apego á terra e a dispersión poaboacional asegurou o seu éxito.

A través dunha perspectiva inusitada e distante, estas imaxes ofrecen un retrato da paisaxe e das xentes do país ao longo dos últimos 40 anos. Memorias do ceo forma parte de la programación de la VII edición de FFoco Festival de Fotografía da Coruña.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición