Victoria Gil. Coser el río

/
Comisarios Esther Regueira

Coser el río é un percorrido pola produción plástica de Victoria Gil (Badajoz, 1963), unha das primeiras artistas españolas cuxa obra estivo posicionada nas correntes feministas desde prácticamente os seus comezos na década dos 80.

Comisariada por Esther Regueira, a exposición presenta un diálogo entre os traballos máis recentes da artista pertencentes a series como Los locales trabajan (2023), Estaban tan tranquilitas (2023) ou Las casas gitanas (2019-2022) creados específicamente para este proxecto e outros de periodos anteriores.

A selección de obra inclúe óleos, acuarelas, collages, obra textil e fotografía. Son pezas a través das que Victoria Gil reflexiona sobre o concepto e as dimensións sociopolíticas do traballo, especialmente o feminizado, recuperando por exemplo tecidos bordados por outras mulleres.

Victoria Gil. Coser el río está organizada polo C3A Centro de Creación Contemporánea de Andalucía e CAAC Centro Andaluz de Arte Contemporáneo en colaboración coa Fundación Luis Seoane e o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo.

A exposición estará aberta ao público na Fundación Luis Seoane ata o vindeiro 1 de setembro.

Para descargar nota de prensa, premer aquí

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición