Lois Patiño. Marea

/
Comisarios Alberto Carton

Marea é unha vertebración alterada do espazo-tempo, unha suspensión narrativa a partir do traballo audiovisual de Lois Patiño.

A exposición xira ao redor de dúas pezas: Hadal, unha instalación composta por un vídeo, dúas videoinstalacións e unha instalación lumínica; e a curtametraxe experimental El sembrador de estrellas. A elección das obras implicou unha consideración sobre a súa percepción, a súa correlación e tamén o relato cos espazos de exhibición, que non son só físicos, tamén apreciativos: a mirada, a memoria, a sensibilidade, o exercício de achegamento e comprensión. Marea, coas súas dúas beiras, incita ao desprazamento, á pausa e a un deslizamento do tempo en devir do seu agora.

A instalación Hadal «mergúllanos nunha incerta escuridade do mar, e reflexiona sobre aspectos perceptivos e sensoriais da experiencia submariña. A flotabilidade do corpo, a atención á respiración e o movemento oscilante da luz, envólvennos nunha experiencia íntima de fonda introspección», como describe o seu autor. Unha transposición entre abismo oceánico, corpo «amniótico» e fantasía perdurable.

En continuidade, aínda que con localizacións xeográficas e argumentos aparentemente diverxentes, a curtametraxe experimental El sembrador de estrellas, gravada en Tokio en 2022, recolle a escuridade nocturna, cicelada entre as luces da cidade constelada, e potencia a asimilación de certa mística contemplativa, que reverbera desde as palabras case líquidas que texturizan a peza. Unha fluctuación entre o onírico e o racional, coa paisaxe cognitiva e condicional que sempre é un guion proxectivo para Lois Patiño.

Comisariada por Alberto Carton, a exposición poderá verse na Fundación Luis Seoane desde o 25 de xaneiro ata o 4 de abril e no en el Centro Torrente Ballester de Ferrol a partir do mes de maio. En paralelo, os días 27, 28 e 29 de febreiro, a Filmoteca de Galicia dedicará un ciclo á obra cinematográfica do realizador galego que complementará e ampliará os contidos da mostra.

Descargar nota de prensa aquí

 

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición