O fotógrafo de orixe vasca Jon Cazenave, un dos autores máis recoñecidos da súa xeración, é un dos protagonistas da sétima edición de FFoco Festival de Fotografía da Coruña, que unha vez máis terá a Fundación Luis Seoane como sede. Entre o 10 de novembro e o 31 de decembro, a Fundación acollerá o seu aclamadísimo traballo AMA LUR, un universo de símbolos co que cuestiona o concepto de fronteira e retrata un territorio cargado de historia e maxia. O seu proxecto servirá de punto de partida para reflexionar sobre a relación entre os lugares e as identidades; sobre as lindes, tan típicamente galegas, entendidas como as liñas reais ou imaxinarias para estremar terreos; e sobre os límites da propia fotografía.
Así, Cazenave estará acompañado por unha escolma de autores galegos e doutras procedencias nun programa que inclúe o encontros, presentacións, obradoiros e a xa consolidada feira editorial que cada ano impulsa FFoco.
+ info: ffocofestival.gal