Luis Seoane

A vontade de devolverlle á plástica e o pensamento galego a dignidade perdida

A peripecia vital e intelectual de Luis Seoane non supón tanto o esforzo de levar a cabo unha obra ampla e coherente, como a vontade de devolverlle á plástica e ao pensamento galego a dignidade perdida polos anos de illamento e atraso: unha creatividade apaixonadamente comprometida co seu tempo.

A vida de Luis Seoane (Buenos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe á través do século XX. Formado na época da dictadura de Primo de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discuros que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso.

A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construir co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.

Biografía completa
Colección

Óleos

A colección da Fundación Luis Seoane está en proceso de dixitalización.


Óleos

Información, consulta e préstamos de obra

Se desexa obter información acerca dunha obra, solicitar consulta ou préstamo, por favor envíenos a súa solicitude.