Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane

/
Comisarios Rodrigo Gutiérrez Viñuales

O obxectivo deste proxecto é relacionar a figura de Luis Seoane con Bos Aires, a cidade na que desenvolveu a maior parte do seu traballo e desde a que impulsaría unha intensa actividade cultural e acadaría a súa madurez artística e persoal. Para isto, o comisario da mostra, o profesor de Historia da Arte da Universidade de Granada Rodrigo Gutiérrez Viñuales, tomou como punto de partida críticas e textos especializados, a correspondencia do artista con colegas e amigos e algúns dos seus escritos, así como a súa experiencia vital. Seoane comparte protagonismo con Bos Aires grazas á visión que ofrece a exposición da sociedade e da cultura bonaerenses durante o período no que o creador galego residiu na cidade, reconstruíndo aspectos tales como a situación política na Arxentina, a evolución arquitectónica e urbanística da metrópole, o ámbito artístico no que se desenvolveu o artista, así como a pegada que éste deixou na urbe arxentina a través dos múltiples murais que aínda se conservan hoxe en día en rúas, edificios públicos e privados, etc. A exposición complétase cunha selección de importantes artistas arxentinos coetáneos de Seoane e cun apartado fotográfico no que destacan as magníficas imaxes realizadas polo fotógrafo e cineasta arxentino Horacio Coppola.

Artistas: Rafael Alberti, Manuel Ángeles Ortiz, Libero Badii, Américo Balán, Héctor Basaldúa, Juan Batlle Planas, Antonio Berni, Horacio Butler, Juan Carlos Castagnino, Manuel Colmeiro, Cabo Cuarto, Horacio Coppola, Geno Día, Osvaldo Dubini, Albino Fernández, José Antonio Fernández Muro, Raquel Forner, Francisco Teresio Gianotti, Manuel Gómez, Sarah Grilo, Ramón Gutiérrez, Annemarie Heinrich, Laxeiro, Federico Ortiz, Alberto Prebisch, Leonardo Presas, Juan del Prete, Benito Quinquela Martín, Atilio Rossi, Raúl Russo, Kasuya Sakai, Luis Seoane, Ernesto Sijerckovich, Raúl Soldi, Grete Stern, Carlos Torrallardona, Leopoldo Torres Agüero, Falier Tótaro e Alberto E. Terrot

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición