• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane

2007 515 p. : il. col. e n. ; 21 x 27 cm. Texto en galego e español
Textos Xosé Luis Axeitos, Guillermo Gasió, Ramón Gutiérrez, Rodrigo Gutiérrez Viñuales, Nelly Perazzo, Horacio Salas, Miguel Anxo Seixas Seoane

A relación entre Luis Seoane e Bos Aires, cidade na que o artista galego desenvolveu gran parte da súa traxectoria artística, protagonizaron entre os meses de outubro e decembro de 2007 a exposición Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane, un proxecto comisariado polo historiador da Arte e profesor da Universidade de Granada Rodrigo Gutiérrez Viñuales. O catálogo da mostra reúne un conxunto de textos de especialistas arxentinos e galegos que afondan na dimensión humana do pintor e os seus vínculos coa capital bonaerense, ademais de analizar diferentes cuestións relativas á arte arxentina nos períodos 1936-1963 e 1963-1979 e as diferentes visións do concepto de galeguismo sostidas a ambos lados do Atlántico. O volume inclúe unha completa e revisada cronoloxía biográfica do artista.

€40,00 Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada
Gabinete Voula Papaioannou
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock