Ante a emerxencia Programación viral de resposta rápida

/

Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida é un ciclo de presentacións e debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid e a Fundación Luis Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19. A imposibilidade de manter o acceso aos espazos culturais fixo que as programacións de museos e centros de arte se trasladasen a unha contorna dixital na que, por razóns obvias, non era posible reproducir por completo a experiencia museística.

Por isto, alén de poñer a disposición do público o catálogo de fondos, publicacións e materiais diversos a través de internet, xenerouse a necesidade de levar a cabo proxectos especificos aproveitando as vantaxes que ofrecen os formatos online como ferramentas de difusión. Deste xeito, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo puxo en marcha Unmetroymedio, unha proposta que visibilizaba as condicións precárias dos artistas, ofrecéndolles a posibilidade de facer unha obra á que puidese acceder a cidadanía; ou o Laboratorio Escóitasme? da Fundación Luis Seoane, que deu lugar a unha comunidade integrada por creadores, educadores e familias.

Pola súa parte, no podcast Ciudades pospandemia, o MUSAC elaboraría en colaboración con diferentes especialistas unha reflexión acerca das consecuencias da pandemia no eido da arquitectura, o urbanismo ou a creación contemporánea. Este proxecto, a carón do Archivo COVID-19, que se transformaría posteriormente nunha exposición, protagonizou a programación externa ao espazo museístico do centro de arte leonés.

Ante a emerxencia consta de catro sesións que se celebrarán entre os meses de setembro e decembro, nas que participarán, o artista, crítico de arte e xestor cultural Manuel Olveira; Kristine Guzmán, coordinadora xeral do MUSAC de León; Manuel Segade, director do Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid, e Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane quen, xunto co arquitecto Fermín Blanco, serán os encargados de pechar en decembro este ciclo.

Descargar_programa.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade