Trazas, trazos, trozos… de arquitectura é o título desta sesión profesional convocada por SCALAE, activismo editorial en arquitectura, unha iniciativa que ofrece documentos sobre arquitectura e arquitectos na rede –scalae.net–
Conducida polo arquitecto e profesor da ETSABarcelona Félix Arranz, a sesión centrarase nas propostas de tres estudos de arquitectura con base en Galicia de recoñecida experiencia profesional, representados por María Fandiño, Arturo Franco Díaz e Elisabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, de Abalo Alonso Arquitectos. Todos eles presentarán exemplos destacados do seu traballo a través dunha serie de fragmentos significativos da arquitectura e paisaxes proxectados e desenvolvidos desde as súas respectivas oficinas.
A sesión, que terá lugar o venres 12 de xaneiro ás 19:00 horas no auditorio da Fundación Luis Seoane, contará cun panel crítico formado por Miguel Abelleira, director da ETSACoruña; por Luciano G. Alfaya, decano do COAGalicia e polos arquitectos Cristina Ansede, Covadonga Carrasco, Carlos Quintáns e Alfonso Salgado, que establecerán un debate cos profesionais convidados co obxectivo de afondar en aspectos específicos do seu labor.
Organizado polo Consejo Editorial-Industrial 2024 de SCALAE en colaboración coa ETSACoruña, o COAGalicia e a propia Fundación Luis Seoane, o acto é de acceso libre, previa inscrición -o aforo é limitado- en este enlace: www.inscribirme.com/libre-acceso-ttt-12ene24