Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida é un ciclo de presentacións e debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo CA2M de Madrid e a Fundación Luis Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19. Na segunda sesión do ciclo, celebrada o 20 de outubro no auditorio da Fundación, Kristine Guzmán, coordinadora xeral do MUSAC de León e responsable do podcast Ciudades Pospandemia, fálanos deste proxecto no que artistas e arquitectos reflexionan acerca das transformacións sociais e urbanísticas provocadas pola pandemia.
Publicación