Lugares de novela: Uruguai Obradoiro de literatura

/
Coordinación Javier Pintor

A fecunda relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Uruguai como protagonista. A concesión do Premio Cervantes ás escritoras Ida Vitale e Cristina Peri Rossi en 2018 e 2021 respectivamente, ambas exiliadas por motivos políticos; e do Sor Juana Inés de la Cruz da FIL de Guadalajara a Fernanda Trías tamén en 2021 son unha mostra da vitalidade dunha literatura na que conviven autores de culto con figuras emerxentes.

O carácter mestizo e universal da literatura uruguaia tén a súa razón de ser no exílio político e na migración dalgúns dos seus escritores que desenvolveron as súas traxectorias fóra do seu país de orixe. Uruguai nutriuse de culturas diferentes e isto deu lugar a unha literatura diversa, con moitos matices. Ademais, o diálogo coa tradición uruguaia non foi conflitivo e moitos dos novos talentos destacan a súa admiración polos seus predecesores ao tempo que expresan a súa necesidade de experimentar con propostas diferentes.

Neste obradoiro mesturaranse autores clásicos das letras uruguaias con outros de xeracións máis novas que tamén queren protagonizar a súa propia historia. A vitalidade da literatura de Uruguai non é mérito só do pasado. As historias que atoparemos nestas obras permitirannos afondar na maneira de pensar e sentir dunha cultura rica e diversa.

Javier Pintor

Para descargar o formulario de inscrición, premer aquí

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade