Na terceira sesión do ciclo Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida, Manuel Segade, director do Museo CA2M, fala do proxecto #Unmetroymedio, unha iniciativa desenvolvida desde este centro de arte durante o período de confinamento para dar visibilidade á comunidade artística de Madrid. Empregando os medios que tivesen ao seu alcance, os artistas falarían da súa obra, ideas e pensamentos, un material que se recompilaría e compartiría posteriormente a través dunha web e das redes sociales do Museo CA2M baixo o hastag #Unmetroymedio, en alusión á distancia social entre dúas persoas recomendada polas autoridades naquel momento.
Publicación