Xavier Toubes. Global

/

A obra de Xavier Toubes (A Coruña, 1947) é a encargada de inaugurar unha nova sección expositiva na Fundación Luis Seoane, o espazo Non Dispoñible, unha proposta coa que se convida a un artista a desenvolver un proxecto nos espazos non expositivos da institución, independentes das salas destinadas específicamente a este uso. Con Global, Xavier Toubes presenta obras en distintos formatos e soportes, cun predominio da cerámica, que fan referencia ao momento histórico actual, no que o local e o universal se tocan sen mesturarse completamente, e a un momento político concreto no que todo parece novo (a visión de Oriente por parte de Occidente, e viceversa), pero que en realidade non é máis que un déjà vu melancólico repetido centos de veces ao longo da historia. O artista utiliza para reflectir a dualidade deste “todo” dúas escalas moi diferenciadas, xa que na exposición conviven pezas de dous metros con outras de apenas 40 centímetros de altura, á vez que se serve da súa propia experiencia vital grazas á fotografía. Con motivo da celebración da mostra, a Fundación Luis Seoane editará unha monografía dedicada á obra do creador galego, que contará cun texto de Rebeca Sánchez-Montañés, investigadora española afincada en Estados Unidos, especialista na obra de Toubes.

Artistas: Xavier Toubes

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición