Toporgrafias

/
Comisarios Asier Mensuro, Alberto Ruiz de Samaniego

Toporgrafías é una exposición que amosa parte do inabarcable universo do xenial artista francés Roland Topor (París 1938-1997). Quizáis definilo simplemente como artista sexa un tanto reduccionista, xa que Topor era ilustrador, debuxante, deseñador de carteis, novelista, gravador, autor de cómics, compositor de cancións, dramaturgo, actor ocasional, realizador de debuxos animados, caricaturista, escenógrafo e deseñador de vestiario, entre outras moitas actividades desenvolvidas ao longo da súa traxectoria profesional. A mostra conta co patrocinio da Obra Social de Caja España e da Obra Social de Caja Duero, e é a primeira exposición que se lle dedica a Roland Topor no noso país en décadas.

A increíble multiplicidade de Roland Topor como creador está representada en Toporgrafías a través dunha selección de pezas que inclue gravados, carteis, libros e revistas, figuríns e material audiovisual, ofrecendo así unha visión coherente dun autor que sempre suscitou a admiración tanto do gran público como dos máis grandes artistas da súa época. Non en van, Federico Fellini, para o que realizou unha serie de debuxos para a linterna máxica da súa película Casanova, cría que Topor era “(…) o último representante daqueles grandes ilustradores como Blake e Daumier, Doré e Carlo Chiostri, capaces de crear un universo completo descrito ata o máis mínimo detalle”.

Artistas: Roland Topor

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición