2011
483 p. : il. col. e n. ; 14 x 21 cm. Texto en español e galego
Textos
Fernando Castro Flórez, Rubén Lardín, Asier Mensuro, Antonio Notario Ruiz, Jesús Palacios, Miguel Ángel Ramos, Alberto Ruiz de Samaniego, Roland Topor
Colección
Larva
Toporgrafías constitúe o primeiro ensaio monográfico editado en España sobre a obra do artista francés Roland Topor (París 1938-1997). Publicado con ocasión da exposición homónima realizada na Fundación Luis Seoane entre os meses de xullo e setembro de 2011, Toporgrafías analiza os diferentes rexistros da obra dun autor que se multiplicou como debuxante, ilustrador, novelista, actor ocasional, escenógrafo, humorista gráfico… Un catálogo-ensaio que servirá para que os moitos admiradores da obra de Topor no noso país poidan por fin disfrutar dunha rigorosa e completa análise do universo dun artista irrepetible e tamén para presentalo a aqueles que aínda o descoñecen.