Seoane ilustra a Alberti. Sobre los ángeles

/

Entre os anos 1961 e 1962, o editor Gonzalo Losada publica unha serie de coidadas edicións de obras de grandes poetas en lingua castelá como Alberti, Lorca, Unamuno e Neruda ilustradas con xilografías de Luis Seoane. Unha destas obras foi o poemario surrealista de Rafael Alberti Sobre los ángeles, publicado orixinalmente en 1929, cuxas probas ocupan un lugar destacado nesta exposición. A relación entre Seoane e o poeta gaditano comeza na década dos 40 no exilio arxentino, onde ambos coinciden, en no que establecerían unha amizade que se traduciría nunha serie de colaboracións puntuais: Seoane é o autor dos debuxos do poemario El ceñidor de Venus desceñido, editado por Botella al Mar, así como dos gravados do álbum ¡Eh, los toros! de Emecé editores; e á súa vez, Alberti aportará un poema para o álbum de estampas Campesinos do artista galego. A mostra complétase cunha pequena selección de obras de Seoane nas que a iconografía do anxos é o tema principal.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición