Pere(t)c é un proxecto expositivo que xira ao redor da figura dun dos escritores franceses máis importantes do século XX e da súa relacion coas artes visuais, posto que a obra de Georges Perec (Paris, 1936-Ivry-sur-Seine, 1982) non se limitou ao ámbito da literatura, senon que se extendeu a outras disciplinas como o cine, a fotografía, a pintura ou a arte conceptual, activa e pasivamente, sendo o mesmo autor obxecto de inspiración para outros artistas. A presente exposición amosa unha selección dos fondos custodiados na Bibliothèque de l’Arsenal de Paris pola Association Georges Perec na que se inclúen manuscritos, fotografías, dibujos e documentos persoais; así como unha serie de obras realizadas por artistas nacionais e internacionais inspiradas no particular universo do escritor.
O título da mostra é unha homenaxe ao mundo de Perec e ao seu característico gusto polos xogos de palabras. A expresión latina etcétera (o demais), faría referencia á inmersión de Perec nos mundos alleos á práctica literaria, en no plural, incluiría aos seus amigos, aos que transmitía a súa admiración a través dos seus escritos, coas súas colaboracións en catálogos de exposicións, e que escolleron nun momento determinado o mundo dun escritor e artista irrepetible como fonte de inspiración.
Artistas: Ignasi Aballí, Alfonso Berridi, Robert Bober, Paolo Boni, Fabrizio Clerici, Amaya González Reyes, Gérard Guyomard, Anne Heyvaert, Jean-Luc y Titi Parant, Georges Perec, Bernard Plossu, Bernard Queysanne, Eduardo Scala, Peter Stämpfli, Saul Steinberg, Los Torreznos, Isidoro Valcárcel-Medina, Isabelle Vernay-Lévêque e Cuchi White