
“Durante moito tempo quixen ser pintor (…) pero finalmente convertínme en escritor”. Desta cita nace a idea de realizar unha exposición ao redor da figura de Georges Perec (París, 1936-Yvry-sur-Seine, 1982), un dos escritores franceses máis importantes do século XX, e da relación da súa obra coas artes visuais. Ademáis da memoria gráfica da mostra, o catálogo reune unha serie de ensaios de autores como Enrique Vila-Matas ou Jean-Luc Joly, xunto con textos do propio Perec, e inclúe un curioso relato de Serge Fauchereau no que rememora unha viaxe realizada xunto ao autor de La vie, mode d’emploi. A presente publicación contén un CD realizado polo dúo de performers Los Torreznos con motivo da celebración da exposición na Fundación Luis Seoane.