Negro brillo. Manuel Mas

/
Patio central

A intervención do escultor Manuel Mas (Elche, 1976) no patio da Fundación Luis Seoane establece unha relación co concepto de mobiliario e coas ideas de ocupación e habitabilidade dun espazo. O proxecto consta de catro módulos que dialogan coas dimensións perimetrais do patio, xogando coas variacións de volume, masa, brillo e gravidade que cada unha das pezas artella co respecto ao conxunto. Negro brillo propón ao espectador varias lecturas a través das superficies pulidas dos seus elementos, creando tensións entre a madeira e os reflexos da luz natural. Deste xeito, materialidade e inmaterialidade, volume e luz, claridade e escuridade, estatismo e movemento dan lugar a unha serie de alternancias nas que o escultórico acaba por aproximarse ao ilusorio.

A obra de Manuel Mas é un intento de ver alén da propia inmediatez. Coa sobriedade e a elegancia dun truco de maxia, o artista propón unha toma de conciencia do paso do tempo como dimensión que abre un lugar no espazo; un tempo estático, inmóvil, que se ralentiza como nun soño, dispoñendo as pezas nunha constelación propia. Un lugar hermético, lunar, atravesado polo reflexo das superficies e disposto a mostrar os ángulos máis inesperados de mobles e obxectos.

Artistas: Manuel Mas

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición