33 escritores debuxados por Luis Seoane

/

A exposición 33 escritores debuxados por Luis Seoane céntrase en dúas das disciplinas máis apreciadas por Luis Seoane dentro seu polifacético labor, como foron a literatura e o debuxo. Na súa relación coas letras, Luis Seoane actuou dentro de case todos os campos posibles, por suposto como lector, pero sobre todo como comunicador nas tarefas de editor, ilustrador, prologuista, crítico, ilustrador, divulgador e autor. Os debuxos incluidos nesta mostra funcionan en conxunto máis que como obras individuais, son indicadores das inquedanzas literarias que fan que Seoane sexa un dos galegos que máis se preocupou no seu tempo pola posta en valor do grande elenco das letras universais, segundo un criterio propio construído sobre a base dunha vida entregada á cultura. Pódense diferenciar tres apartados entre os 33 debuxos seleccionados: escritores galegos, hispanoamericanos, e autores en línguas distintas ao castelán. Na exposición incluense tamén algúns libros e recortes de prensa que poñen de manifesto a entrega de Seoane ao mundo das letras.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición