Viaje al centro de Subterfuge

/

A exposición Viaje al centro de Subterfuge percorre a historia da compañía discográfica madrileña a través dunha selección de obra gráfica en diferentes formatos: cartelería, memorabilia, iconografía, obxectos singulares, así como a proxección permanente de videoclips das bandas que forman ou formaron parte do seu catálogo como Dover, Anni B Sweet, Fangoria, Vinila von Bismark, Neuman, Marlango, Cycle, The Zombie Kids, Australian Blonde, Meneo, Doctor Explosion, McEnroe, Los Fresones Rebeldes, Joe La Reina, Pauline en la Playa, Bravo Fisher!, Mercromina, The Bright, Los Eskizos, Arizona Baby, Najwajean, Corizonas, Sexy Sadie, Luthea Salom, The Killer Barbies, Havoc, Undershakers ou Amatria, entre outras moitas. En total, máis de 500 pezas a disposición do público, que poderá experimentar a sensación de estar nas oficinas de Subterfuge, vivindo en primeira persoa a evolución de máis de 25 anos de aventura, e ser testemuña da importancia que o labor deste selo tivo no desenvolvemento da escea musical independente do noso país.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición