Luis Seoane. Unha viaxe arxentina, 1951

/

En febreiro de 1951, Luis Seoane e a súa dona Maruja visitan ao matrimonio Antonio Baltar-Mireya Dieste na cidade de Chos Malal, situada na provincia arxentina de Neuquén, onde Antonio traballa como médico nos asentamentos dedicados á explotación mineira. Animado pola descrición do territorio que lle fai o seu amigo nas súas cartas, en 1949 Seoane formúlase emprender unha viaxe produtiva: unha estancia continuada nesa zona do país para reunir impresións e plasmalas na súa obra, coa idea tamén de buscar perspectivas de exposicións nos núcleos de poboación próximos, ampliando así o seu circuito expositivo máis alá da capital arxentina. Finalmente, a viaxe levaráse a cabo en febreiro de 1951. Asentados en Chos Malal, onde residen os seus anfitrións, os Seoane realizan rutas a sitios como Copahue, El Huecú, Andacollo, la Cordillera del Viento, Las Ovejas e as beiras do Neuquén, visitando diferentes emprazamentos e paisaxes dos que Luis realiza numerosos bosquexos alzados fronte ao terreo, que aproveitaría posteriormente para elaborar óleos ou augadas. A presente exposición reúne unha selección deses debuxos e pinturas que, a carón dunha pequena selección de fotografías da época, da conta do periplo do artista galego polo Sur da Arxentina.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición