Ignacio Pardo. Exhumación

/
Comisarios Gonzalo E. Veloso

Ignacio Pardo (Lugo, 1947) é un creador multidisciplinar que comezou a súa carreira nos anos 80. O seu traballo estivo presente en feiras e festivais como ARCO (1988 e 1989); o Certamen de Cádiz (1987); o Certamen Nacional de Vídeo de Vitoria (1986) ou no Panorama Europeo de Videoarte do Centro Cultural Conde Duque (1992), entre outros. Participou en diversas exposicións organizadas por museos e centros de arte como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Documenta de Kassel ou o CGAC, así como noutras mostras internacionais en Hannover, Arnheim, Utrecht, Rennes, Cannes, Ljubljana, Nápoles, Sydney, Graz, Berlín, Innsbruck, São Paulo, Helsinki, Lynz ou Moscú.

A presente exposición, concibida dentro do proxecto INTERSECCIÓN Encontro Internacional de Arte Audiovisual da Coruña reúne diversas videoinstalacións do artista, nun percorrido que inclúe desde as súas primeiras obras ata os seus traballos máis recentes, algúns realizados ex profeso para esta mostra, que estará aberta ao público ata o vindeiro 12 de novembro. (imaxes: © Andrea Rodríguez)

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición