Untitled / Con título é un proxecto expositivo interactivo desenvolvido polo artista portugués Marco Moreira ao redor da práctica e ás ferramentas do debuxo, unha proposta que ao longo de quince días acollerá unha serie de obradoiros enfocados a público de todas as idades.
Marco Moreira elabora unha reflexión sobre a práctica artística e os seus métodos de produción analizando os límites do debuxo, co que afonda nas relacións entre representación e realidade, entre artista, traballo e público. O proxecto, que forma parte do Laboratorio Seoane, consta dunha selección de pezas entre as que destaca unha caixa cúbida feita con follas de papel superpostas, asinadas e numeradas a lápis. Estas servirán como soporte para realizar un debuxo empregando unha máquina coa que os asistentes poderán interacturar deconstruíndo un cubo e realizando unha peza seriada, que poderán conservar ou expoñer nas paredes da sala de exposicións. Ademais, amosaránse dous debuxos de gran formato dos certificados de sustentabilidade que o artista solicita ás empresas proveedoras de papel e madeira coas que se realizaron as obras incluidas na mostra.
UNTITLED / Con título finalizará o 2 de novembro cunha conversa na que participará Manuel Olveira.