UNTITLED / Con título Proxecto de Marco Moreira para o Laboratorio Seoane e o Laboratorio Reinicio

/

Untitled / Con título é un proxecto expositivo interactivo desenvolvido polo artista portugués Marco Moreira ao redor da práctica e ás ferramentas do debuxo, unha proposta que ao longo de quince días acollerá unha serie de obradoiros enfocados a público de todas as idades.

Marco Moreira elabora unha reflexión sobre a práctica artística e os seus métodos de produción analizando os límites do debuxo, co que afonda nas relacións entre representación e realidade, entre artista, traballo e público. O proxecto, que forma parte do Laboratorio Seoane, consta dunha selección de pezas entre as que destaca unha caixa cúbida feita con follas de papel superpostas, asinadas e numeradas a lápis. Estas servirán como soporte para realizar un debuxo empregando unha máquina coa que os asistentes poderán interacturar deconstruíndo un cubo e realizando unha peza seriada, que poderán conservar ou expoñer nas paredes da sala de exposicións. Ademais, amosaránse dous debuxos de gran formato dos certificados de sustentabilidade que o artista solicita ás empresas proveedoras de papel e madeira coas que se realizaron as obras incluidas na mostra.

UNTITLED / Con título finalizará o 2 de novembro cunha conversa na que participará Manuel Olveira.

Actividades actuais

Información COVID-19
/
Actividade
Laboratorio Reinicio
/
Actividade
O Nunca Visto
O patrimonio oculto da arte contemporánea galega
/
Actividade
Somos o que lemos. Ciclo de literatura
/
Actividade
Obradoiro de literatura. De aquí á eternidade
Os libros inmortais II
/
Actividade
Viaxes que contan
Obradoiro de escritura
/
Actividade
Creación e territorios
/
Actividade