Nenoarquitectura – Terceiro trimestre

/
Dirección Fermín Blanco

O terceiro trimestre de Nenoarquitectura abordará a obra de arquitectos como Antonio Palacios e Shigeru Ban, e afondará ademais en temas relacionados coas artes plásticas e a creatividade como o Laboratorio de Formas de Galicia ou o Land Art, e de actualidade como a arquitectura bioclimática, entre outras cuestións. Os obradoiros, adaptados para participantes de entre 4 e 17 anos, desenvolveranse na Fundación Luis Seoane desde o 6 de abril ata o 15 de xuño.

O prezo da matrícula é de 50 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. Os formularios de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Obradoiro 4-5 anos

Obradoiro 6-10 anos

Obradoiro 11-17