RESIS 2022

Este ano, a Fundación Luis Seoane acollerá unha vez máis a presentación oficial da nova edición do Festival RESIS, que nesta ocasión ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer o proxecto desenvolvido polo certame e a Asociación Cultural AÏS no marco das REGA 22 Residencias artísticas do Gaiás.

Baixo o título You erase yourself. The Selector, o compositor e artista visual portugués Igor C. Silva, xunto coa saxofonista Patricia Cadaveira e o percusionista Noè Rodrigo, integrantes do ARXIS Ensemble, elaboraron unha instalación inmersiva que ocupará a sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación. A peza, concibida para que o espectador participe nun xogo de percepción audiovisual no que o espazo e o tempo se desmaterializan, utiliza sensores, páxinas web e cámaras dixitais a través dos que constrúe un relato interactivo inmersivo.

O Festival RESIS é unha iniciativa da Asociación Cultural AÏS dirixido polo compositor Hugo Gómez-Chao cuxo obxectivo é a difusión do traballo de destacados artistas e intérpretes do repertorio musical contemporáneo. Para asistir á presentación, é necesario facer reserva previa na Fundación Luis Seoane a través do teléfono 981 216 015 (prazas limitadas).

+ información: www.resisfestival.com

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade