Poetas e profetas: William Blake en Seoane e a cultura galega Curso online

/
Dirección Cecilia Marchetto Santorun

William Blake é unha icona do Romanticismo anglofalante que influíu en referentes da poesía en inglés como W. B. Yeats e Allen Ginsberg, pero tamén cruzou fronteiras, atraendo a poetas do mundo hispanofalante como Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda, ademais de moitos outros artistas europeos, convertíndoo nun referente obrigado de calquera artista interesado na visión imaxinativa, a rebeldía poética e a integración da palabra e a imaxe. Nunca antes explorouse que Blake puidese ter influencia na nosa cultura ou literatura galegas por medio do rito de paso poético que é ler a Blake, pero se pescudamos nas cartas e na obra de Luís Seoane—o mellor análogo posible de Blake en Galicia, por gravador e poeta—, nos ensaios de Plácido Castro ou nas traducións de Cunqueiro, é posible ver que Blake formou parte do esforzo dos artistas galegos por universalizar Galicia e a lingua galega. Todos eles indican que a inspiración en Blake pode ser de relevancia para entender certos aspectos da conformación da literatura galega durante unha etapa da súa historia e a interacción dos artistas galegos con otras.

Este curso está aberto a estudantes de grao, máster ou doutoramento, investigadores e profesores de calquer ámbito e nivel, así como a artistas, creadores, axentes do ámbito cultural, museístico e de patrimonio, e o público xeral que poida estar interesado neste tema.

Cecilia Marchetto Santorun – Directora

+ info: Folleto.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade