Obradoiro de caligrafía con Ricardo Rousselot

/

Formando parte das actividades que acompañan á exposición Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires, a Fundación Luis Seoane organiza durante dous días un obradoiro de caligrafía impartido por unha auténtica lenda do deseño gráfico internacional: o deseñador, calígrafo e tipógrafo Ricardo Rousselot (El Chaco, Arxentina, 1936). Formado no seu país natal, na década dos sesenta trasládase a Chicago, onde traballará en diferentes axencias, como Ficho & Corley Inc., no estudo Graphique Ltd., e como free lance para a prestixiosa Albert Jay Rosenthal, establecéndose de novo en Bos Aires no ano 1969, e xa na década dos setenta en Barcelona, onde fundará no ano 1978 o seu propio estudo que a partir do ano 2000 pasará a denominarse Grupo Erre Rousselot.

O traballo de Ricardo Rousselot como deseñador de marca forma parte da cultura popular desde hai décadas: Ducados, La Casera, La Vanguardia, Spainair, Casa Tarradellas, Smoking, Borges, Farias, Juvé & Camps, Gallina Blanca, etc., un labor no que a tipografía é protagonista e que lle valeu o recoñecemento do sector e da crítica especializada, así como dúas nominacións, en 2001 e 2003, ao Premio Nacional de Deseño. Reputado calígrafo, os seus ex libris teñen acadado sona internacional, e desde hai moitos anos, imparte conferencias e obradoiros en España e noutros países. Ademáis, é Fellow de Design of the World, membro de Barcelona Centro de Deseño BCD ADG/FAD, e socio de honor do Colegi de Dissenyadors Gráfics de Catalunya.

Para participar neste actividade, é necesario formalizar a matrícula correspondente descargable a través do seguinte link:

Obradoiro_Rousselot

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade