Laboratorio Reinicio

/

Laboratorio Reinicio é unha actividade da Fundación Luis Seoane inspirada na práctica da reconstrución da identidade a través de ferramentas como o arquivo comunitario construído a partir dos arquivos persoais, o coñecemento histórico e a xestión non oficial das memorias.

A praxe de Luis Seoane a través das súas iniciativas en aras da renovación da cultura galega do século XX son a guía principal para este proxecto en proceso aberto vinculado, especialmente, aos colectivos migrantes e á práctica das políticas de xénero.

O Laboratorio nace cunha vocación de traballo en comunidade e coa intención de construír unha peza visual que recolla as conversacións, experiencias, producións e reflexións daqueles que buscan formar parte dunha nova sociedade e dos que os acollen.

A partir do 1 de marzo, todos os luns de 17 a 18 horas na Fundación Luis Seoane e mércores de 17 a 18 horas na plataforma Zoom.

Conducido por:

Jorge Blasco. Escritor e comisario de arte especializado na praxe arquivística.

Silvia Longueira. Historiadora vinculada ao eido da integración de minorías.

Diana Rangel. Psicóloga e artista plástica que traballa sobre a relación entre a imaxe fotográfica e os procesos de construción subxectivos.

Antón Lezcano. Deseñador gráfico e xestor cultural.

Tono Mejuto. Arquitecto e artista visual

Laboratorio Reinicio é unha actividade gratuíta. Para participar, é preciso encher a folla de inscrición descargable a través do enlace seguinte, e remitila ao enderezo de correo info@fundacionluisseoane.gal:

Folla_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade