Intersección Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo

/
Dirección Gonzalo E. Veloso

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, un espazo cuxo obxectivo é amosar a diversidade formal e conceptual no panorama das prácticas artísticas e audiovisuais. Dirixido por Gonzalo E. Veloso, o festival consolidouse como punto de encontro para a comunidade artística e a cidadanía, ofrecendo múltiples formatos de exhibición e diálogo aberto con profesionais e público en xeral.

A terceira edición do festival, que contará con trece estreas mundiais, estruturarase en tres seccións: Galicia, Contemporánea e Escolas. Baseándose en criterios de diversidade, a primeira amosará os traballos de David Fidalgo, Alberte Pagán, Judith Adataberna, Berio Molina e Alexandre Cancelo, Edu, Iria Vázquez, Olaia Sendón, Acacia Ojea, Santiago Teijelo e Diego Santomé.

A colaboración entre o festival e a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia é a base da sección Contemporánea, na que se proxectarán pezas de Lois Patiño, David Catá, Rubén Santiago, Sandra Carvalho e Felipe Ortega e Manuel Saiz.

Por último, a sección Escolas, que apoia os talentos emerxentes, amosará as obras de Antía Carreira, Ana Chamizo e Miguel García, Pablo Aguilar, Paula Zamora, Ana Harrison, Emma Diarte, Malina Moncea, María Vérez, Mateo Villalustre, Mihai Bulai e Noemí Comesaña. As propostas incluídas neste apartado, doce pezas videográficas en total, fóron seleccionadas por un comité tras a convocatoria realizada o pasado verán polo festival baixo o título Escolas: paraísos, das que seis serán proxectadas na Fundación Luis Seoane.

Xunto a estas seccións, o festival ofrece tres focos centrados na obra da artista portuguesa Tatiana Macedo, a traxectoria de Juan Lesta e Belén Montero do colectivo DSK e unha retrospectiva dedicada ao audiovisual croata.

A información completa da programación do festival está dispoñible a través do enlace seguinte: interseccion.art

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade