Artistas encontrados y apropiados en A Coruña

/
Dirección Paulo Bruscky

Artistas encontrados y apropiados en A Coruña é o título do encontro que o artista conceptual Paulo Bruscky (Recife, Brasil, 1946) dirixirá os días 18 e 19 de xuño na Fundación Luis Seoane dentro da programación dos cursos da sede en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, unha iniciativa que se celebra con motivo da gran exposición retrospectiva que, baixo o título Paulo Bruscky. Etceterarte lle dedicará a Fundación á obra do creador brasileiro, e que se inaugurará o vindeiro mércores 20 de xuño. Xunto a él, catro conferenciantes encabezados por Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane e co-comisaria da mostra, quen será a encargada de abrir o encontro; á que seguirá Jorge Blasco, investigador e comisario independente e co-comisario da exposición; o artista e comisario Enric Farrés Durán; o profesor da UDC José María Mesías e o propio Paulo Bruscky, quen participará nunha conversación e conducirá unha experiencia cos alumnos nas rúas da cidade que desembocará nun traballo de campo.

Paulo Bruscky está considerado un dos artistas brasileiros máis importantes da segunda metade do século XX. Pioneiro da arte postal, a audioarte, o videoarte e a xerografía, inicia a súa traxectoria artística na década dos 60, cando establece contacto cos grupos Fluxus e Gutai e o movemento poesia/processo. Ao longo de case cinco décadas, xamais deixou de experimentar e de innovar, introducindo na súa obra o emprego de fotocopiadoras, máquinas heliográficas e mimeógrafos, ademáis de estampas e mataselos. En 1976 organiza a primeira exposición de mail art en Brasil, e en 1981, a primeira de street art, ambas na súa cidade natal, Recife. Autor de obras sonoras, en 1979 organiza un Ra(u)dio Art Show, que chegou a ser retransmitido en vivo pola radio. En 1981 obtivo a Bolsa Guggenheim de Artes Visuais, e trasladouse a Nova York, onde viviu durante un ano. A súa obra figura nas coleccións de institucións como o Centre Pompidou, a Tate Modern, o Moma, o MACBA, o Museo de Arte Moderno de São Paulo e o Stedelijk Museum de Ámsterdam, entre outros.

Programa_UIMP.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade