A_NEXOS V

Iannis Xenakis (Braila, Rumanía, 1922- París, 2001) considerábase a sí mesmo un ‘artista-mosaico’ debido á intervención na súa obra de disciplinas científicas, artísticas e filosóficas. O programa da quinta edición de A_NEXOS estará protagonizado por dúas das pezas máis coñecidas do compositor grego, ambas para violonchelo: Nomos Alpha, composta entre 1965 e 1966, na que Xenakis baséase parcialmente na teoría de grupos; e Kottos, de 1977, dedicada a un personaxe mitolóxico, o xigante Coto, fillo de Urano e Xea.

O escritor e crítico musical Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974) conducirá esta charla-concerto na que afondará nos diversos aspectos da biografía de Iannis Xenakis, desde o seu labor como compositor ata o seu interese pola enxeñería e a arquitectura, pasando polo seu compromiso político e polo contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Xunto a él estará o violonchelista Thomas Piel, quen interpretará as duas obras incluidas nesta nova sesión de A_NEXOS, un ciclo organizado pola Asociación Cultural Aïs baixo a dirección de Hugo Gómez-Chao Porta.

O acceso a esta charla-concerto é gratuíto. Para asistir, é necesario facer unha reserva previa na Fundación Luis Seoane a través do teléfono 981 216 015 (prazas limitadas)

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade