(S8) XIII Mostra de Cinema Periférico

/

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane será unha das sedes nas que se desenvolverá a programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar entre os días 27 de maio e 5 de xuño en diferentes espazos da cidade. A 13ª edición do festival renova sección como Sinais, dedicada ao cinema experimental e de vangarda, na que participarán case unha vintena de creadores galegos, estatais e internacionais; e consolida outras como Paraíso, que acollerá un encontro de estudantes de Belas Artes das Universidades de Vigo e Salamanca.

(S8) en la Fundación Luis Seoane

INPUT
INPUT, o espazo de asesoramento de proxectos cinematográficos en desenvolvemento regresa á Fundación da man de Lur Olaizola, programadora e coordinadora do programa audiovisual de Tabakalera. Xunto a ela, a investigadora e crítica de cine Vanja Milena Munjin Paiva, que forma parte do comité de selección do Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile) e colabora no área de programación de CineMigrante (Arxentina); e Concha Barquero, docente, membro do comité de selección da sección documental do Festival de Málaga e coordinadora do encontro Málaga Docs, asesorarán os proxectos Quilt Film, de Sofía Blanco; Como un buzo muerto en el ojo de Dios, de Rafael Guijarro e La peli del disco duro, de Claudia Negro. + info: INPUT

Sección Desbordamientos
Na sección Desbordamientos, o público poderá disfrutar dos traballos da artista Laura Moreno Bueno, do realizador Jorge Suárez-Quiñones Rivas, da artista visual Deneb Martos, e dos directores de cine experimental Richard Tuohy e Dianna Barrie. As proxeccións terán lugar os días 2, 3 e 4 de xuño, ás 23 horas, no patio da Fundación Luis Seoane. + info: Programación

Toda a información do (S8) XIII Mostra de Cinema Periférico está dispoñible aquí: (S8)cinema

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade