Relatos que levas dentro Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Chegou o momento de poñerse a escribir, unha decisión que levas adiando demasiado tempo. Pero por onde empezar? Como escoller unha boa historia? Como contala? A nosa memoria, as nosas experiencias vitais, as nosas lecturas… Todo o que necesitamos para construír unha boa ficción está ao alcance da nosa man. Neste obradoiro imos mergullarnos en nós mesmos para tratar de atopar os vimes dunha boa historia. Ademais, repasaremos as principais técnicas narrativas e chaves do oficio da única maneira posible: escribindo e lendo.

Lectura: Llévame a casa, Jesús Carrasco (Seix Barral, 2021)

Ficha_inscrición.pdf

 

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
Lugares de novela. Portugal
/
Actividade