Obradoiro de escritura. Os diarios literarios

/
Coordinación Fernando Ontañón

[ATENCIÓN: actividade cancelada ata novo aviso]

Os diarios de escritores constitúen un xénero literario en si mesmo. Neste obradoiro coñeceremos algunhas destas obras e detectaremos nelas trazos de estilo e técnicas que nos axudarán a enfrontarnos ao papel en branco. Un diario pode adoptar múltiples formas e servir para diferentes obxectivos: a narración intimista ou autorreferencial, a crónica desenfadada, a autoficción e mesmo a ficción novelesca. Aprenderemos a manexar o punto de vista, o ritmo e o estilo dos nosos textos. Que ideas ou temas son máis relevantes á hora de escribir? Como debemos enfocalos? Que elementos achegan verosimilitude? Que erros debemos evitar?

Ademais, compartir os nosos textos en clase e ler o que outros escriben axudaranos a mellorar e a perder o pudor á hora de escribir.

Fernando Ontañón

Folla_inscricion.pdf

Actividades actuais

Ciclo Creación e Territorios III
/
Actividade
Lugares de novela: Hungría
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Máis chaves da ficción literaria
Obradoiro de escritura
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura
/
Actividade
Amantes, musas, modelos
Picasso e as súas mulleres
/
Actividade