Máis chaves da ficción literaria Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Neste obradoiro repasaremos as técnicas básicas da escritura literaria e os mecanismos da ficción: que temas abordar, como construír unha trama e uns personaxes verosímiles, quen deber ser o narrador da historia…. Exploraremos ese universo segredo ao que só os escritores semellan ter acceso para trazar as súas ficcións: a realidade. Ou é que algúen coñece outra dimensión habitable? Como dixo Woody Allen: “Odio a realidade, pero é o único sitio onde se pode comer un bó filete”. Pois deámoslle uns cantos bocados.

A lectura que nos acompañará durante este obradoiro será Sigo aquí, de Maggie O’Farrell.

Fernando Ontañón

Folla_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
Ciclo de literatura
/
Actividade
Amantes, musas, modelos
Picasso e as súas mulleres
/
Actividade
Lugares de novela: Cuba
/
Actividade
Do conto longo á novela curta
Obradoiro de escritura
/
Actividade