Literatura do relato Obradoiro de escritura. Segunda parte

/
Coordinación Fernando Ontañón

Moitos escritores cultivaron este xénero antes de lanzarse a escribir novelas, algúns deles compaxinaron ambos durante longo tempo e mesmo hai quen brillou dedicándose case exclusivamente á escritura de relatos, como Alice Munro, Lucia Berlin ou Raymond Carver. Neste obradoiro imos explorar as posibilidades literarias deste xénero, escribir o noso propio texto e compartilo cos compañeiros. O gran Bernardo Atxaga serviranos de guía co seu libro, recentemente publicado, Desde el otro lado (Alfaguara, 2022). Repasaremos, por suposto, as principais técnicas narrativas, pero, sobre todo, trataremos de imbuírnos do espírito literario que debe guiar a escritura, as lecturas e a vida dos que aman este oficio.

Fernando Ontañón

Ficha_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade