A sexta edición de INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, que se celebrará entre os días 17 e 22 de outubro, ofrece este ano unha programación na que se proxectarán máis de 150 obras audiovisuais procedentes de máis dunha trintena de países distribuidas en catro sedes diferentes: Filmoteca de Galicia CGAI, Teatro Colón, Palexco e Fundación Luis Seoane.
A sala de exposicións da planta baixa da Fundación acollerá unha mostra da creación audiovisual realizada en Galicia a través dos traballos de Juan Lesta, Berio Molina, María X. Fernández, Ariadna Silva Fernández, Borja Rodríguez, MIL111, Edu Valiña and Ana Gesto, Ruth Montiel Arias, Andrea Vázquez, Andrea Costas Lago, Noa and Lara Castro e Deebo Barreiro. En palabras de Sara Donoso, comisaria do proxecto, son propostas que, a través de conceptos como a paisaxe, a identidade, o territorio, a linguaxe, o íntimo ou o común reflexan a diversidade e vitalidade do medio no noso país.
Toda a información sobre a nova edición de INTERSECCIÓN está dispoñible neste enlace: interseccion.gal