Con motivo da celebración do centenario da creación da Bauhaus, a Fundación Luis Seoane acolle oito obradoiros centrados nas figuras de Gunta Stolzl, Anni Albers, Gertrud Arndt, Lena Bergner e Otti Berger, creadoras, xestoras e teóricas desta escola que transformou a arte e o deseño modernos, desde a que desenvolveron as súas respectivas traxectorias no eido do deseño textil e doutras disciplinas artísticas.
Os obradoiros, coordinados por María Tomé Azuar, diplomada en Artes e Oficios pola Escola Pablo Picasso da Coruña, explorarán os camiños trazados por estas cinco artistas, e estarán precedidos por tres sesións nas que se afondará nos fundamentos da escola a través do estudo do traballo de William Morris, Piet Mondrian e Vassily Kandinsky.
A actividade terá lugar durante os meses de outubro, novembro e decembro en horario de 17 a 19:30 horas. A folla de inscrición pode descargarse a través do enlace seguinte: