A_NEXOS [entradas esgotadas]

Unha das características da obra de Andrei Tarkovski (1932-1986) é o uso que o cineasta ruso fai do son ambiental nas súas películas, ao que sitúa no mesmo plano expresivo que ás imaxes, nun exercicio de retroalimentación. Se ben é certo que no cine de Tarkovski as bandas sonoras enfáticas non son frecuentes, o artista fai unha excepción coa música de Johann Sebastian Bach, á que recorre en películas como O espello, Solaris ou Sacrificio.

Nesta primeira edición de A_NEXOS, o programador e comisario Javier Trigales analizará a relación entre a obra de ambos artistas na conferencia Tarkovski/Bach: la música de la vida del hombre. Xunto a él, o pianista Carlos Marín Rayo (Madrid, 1994), un dos intérpretes máis destacados da súa xeración, executará tres pezas do compositor alemán: Das alte Jahr vergangen ist, Ich ruf zu dir e Erbarme dich.

Para asistir ao acto, é preciso recoller previamente a invitación na recepción da Fundación Luis Seoane.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade