A Coruña baleira? Xornada cidadán sobre renovación e rexeneración urbana. En torno aos efectos da crise na cidade

/

Entre o 29 de agosto e o 10 de setembro de 2018, a Universidade da Coruña acolleu o curso de verán EMPTY CORUÑA? Procesos habitados: os efectos da crise no tecido urbano. Nel, analizábanse por vez primeira en España os efectos da crise no corpo construído dun área urbana, neste caso, na cidade da Coruña, a través do estudo pormenorizado de sete casos, seleccionados a partir dunha importante base cartográfica e documental elaborada por un equipo de profesores da Universidade da Coruña, un material que se pode consultar na web www.emptycoruna.net. Durante o curso, realizouse unha análise da situación existente, identificándose preto de 2.000 elementos abandonados, inacabados, desocupados ou arruinados no área urbana da cidade, enfocando o fenómeno desde os eidos da arquitectura, o urbanismo, o dereito, a economía, a socioloxía e o medio ambente, extraíndo a conclusión de que non existe unha única causa que explique o fenómeno, nin unha única solución.

No mes de setembro, o Concello e a Universidade da Coruña asinan un convenio de colaboración para que as conclusións do curso se transfiran á cidadanía, coa fin de brindarlle a ésta a oportunidade para interactuar cos autores dos estudos. Deste xeito, xurde a iniciativa de desenvolver a presente xornada, na que, ao longo de tres días, do 30 de novembro ao 2 de decembro, celebraránse na Fundación Luis Seoane catro mesas redondas, dúas exposicións -que estarán abertas ao público ata o 9 de decembro- e tres eventos paralelos abertos ao público nos que participarán profesionais de diferentes disciplinas.

Organizan
Concello da Coruña. Concellería de Vivenda e Rexeneración Urbana
Universidade da Coruña. Grupo Empty Coruña

Colaboran
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña
Fundación Luis Seoane

CoruñaBaleira

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade