Publicación

Paulo Bruscky. Etceterarte

2019 262 p. : il. col. y n. ; 16,5 x 23 cm. Texto en portugués e inglés. ISBN: 978-84-948558-1-8
Textos Jorge Blasco Gallardo, Silvia Longueira Castro

Entre os meses de xuño e decembro de 2018, a Fundación Luis Seoane acolleu a primeira gran retrospectiva dedicada á obra de Paulo Bruscky en España, unha das figuras máis importantes da arte brasileira da segunda metade do século XX. Autor dunha obra conceptual irónica e transgresora, o traballo de Bruscky caracterízase polo uso da comunicación como mecanismo de expresión artística a través do emprego e a experimentación con medios como o mail art, do que é pioneiro, a arte sonora, o vídeo, a performance, o xerox-art, as accións específicas, as tarxetas postais, os anuncios clasificados ou a poesía, entre outros moitos. O presente catálogo amosa unha selección das máis de 200 pezas incluidas na mostra da Fundación, reproducindo o máis fielmente posible o universo creativo do artista e os sistemas de clasificación ao redor dos que se estrutura a súa obra.