• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Jorge Cabezas is Back!

2021 173 p., il. col. e n.; 15 x 22, 2 cm. Texto en galego. ISBN: 978-84-948558-5-6
Textos Lucía Aldao, Diego Cabezas, Álvaro Dorda, Julián Hernández, Paco Lodeiro, Xoel López, Antón Patiño, Carlos Pita, Antón Reixa, Pedro Vasco, Rubén Ventureira

O catálogo Jorge Cabezas is Back! é o último elo dun proxecto que naceu no ano 2013, e que se transformaría seis anos máis tarde na Fundación Luis Seoane nunha exposición acerca do universo creativo do pintor coruñés. Comisariada por Antón Reixa, a mostra reuniu máis de 50 obras en diferentes soportes que daban conta das referencias autobiográficas, musicais e culturais do artista, nunha montaxe deseñada polo arquitecto Carlos Pita inspirada na última exposición de Pablo Picasso no Palacio dos Papas de Aviñón en 1970.

Deseñada polo estudo galego desescribir, a presente publicación reflicte fielmente o espírito da mostra, que fuxía do concepto dunha retrospectiva ao uso para centrarse na iconografía do traballo do pintor e as súas influencias, grazas ás fotografías de Juan Rodríguez e aos textos de artistas e amigos. Ademais das pezas presentes na exposición, o volume recolle debuxos dun dos cadernos do artista, varios dos seus deseños e inclue ademais un despregable a través do que é posible percorrer o xigantesco mosaico que protagonizou a montaxe da súa exposición na Fundación Luis Seoane entre marzo e xuño de 2019.

18,00 € Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Colmeiro. Cor e sentimento

2022

Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso

2021

Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada

2021

Gabinete Voula Papaioannou

2020

Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2025 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock