
Publicado co gallo da celebración da primeira retrospectiva dedicada á obra de Marcelo Expósito (Puertollano, 1966), o presente volume forma parte dun proxecto que recolle, ademais das sete seccións nas que se estrutura a exposición do mesmo nome, un conxunto de ensaios a cargo de diferentes autores nos que se analizan os diferentes aspectos do traballo deste artista, crítico cultural e activista cuxa traxectoria abrangue máis de catro décadas.
Nueva Babilonia. Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica é unha coprodución de La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, o Museo Universitario de Arte Contemporáneo (MUAC) da UNAM en Ciudade de México, a Casa de Iberoamérica de Cádiz e a Fundación Luis Seoane da Coruña.