Publicación

Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo. Ramón Grosfoguel

O Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo inicia a primeira das sesións públicas cun dos grandes pensadores da teoría decolonial: o profesor da Universidade de Berkeley Ramón Grosfoguel. Na conversa O decolonialismo e as súas implicacións, o autor transitará ao redor da teoría decolonial e as súas simplicacións políticas e de como Galicia, aínda sendo Europa, pode dialogar con outros procesos emancipadores que se están producindo en todo o mundo.

Ramón Grosfoguel, ademais de teórico, é un gran coñecedor da realidade socio política galega, polo que a súa intervención permitirá sentar unhas bases estruturantes no Grupo de Estudos. Nacido en Puerto Rico, Grosfoguel é un sociólogo pertenecente ao Grupo modernidade/colonialidade (Grupo M/C) que se desenvolve na Universidade de California en Berkeley. Entre as súas obras destacan Colonial Subjects. Puerto Ricans in a Global Perspective ou El giro decolonial: reflexiones para una diversidad epistémica más allá del capitalismo global (comp, 2007).

Nesta ocasión, a conversa co autor foi online, e se desenvolveu desde a sede da Fundación Luis Seoane.

+ info: Grupo de Estudos