Publicación

Laboratorio Expedición II. Claudia Caparrós

A segunda entrega de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas intervencións nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.

Poeta e cofundadora de Espai Crisi, un espazo de pensamento á marxe dos circuitos institucionais, Claudia Caparrós obtivo unha mestría en Historia da Arte Contemporánea e Cultura Visual pola Universidade Autónoma de Madrid, e en Literaturas Hispanas pola Indiana University. É autora dos poemarios Si la carne es hierba (Sully Morland) e te miro como quien asiste a un deshielo, ambos publicados en La Bella Varsovia en 2015 e 2018 respectivamente.