Publicación

Laboratorio Expedición II. BANCO editorial

A segunda entrega de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas intervencións nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.

BANCO editorial é un proxecto de autoedición, exposición, traballo e formación ao redor da fotografía formado pola fotógrafos e editores Aitana Tubío e Xesús Caballero. Aitana Tubío desenvolve o seu traballo no eido da fotografía publicitaria e colabora coa asociación Acampa – Pola paz e o dereito ao refuxio como responsable do departamento de deseño e comunicación. O traballo de Xesús Caballero está presente en proxectos nacionais e internacionais, e foi publicado en varios libros, como Tokyo 23, Photographs from Japan en colaboración co fotógrafo Juan Rodríguez, entre outros