No terceiro episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, Antón Lezcano entrevista a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director do Instituto Argentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires, un centro que desde 1998 desenvolve un proxecto educativo bicultural na capital arxentina. Tras un pequeno espazo sobre Luis Seoane, o programa da paso a Michel Aiji, de Costa de Marfil, quen ofrece o seu testemuño acerca das dúas orixes e traxectoria. Unha lectura da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane pechará este episodio.
Publicación